ENRÉDATE NA REDE.Varios artistas galegos danse cita este venres, día 8, no Teatro Principal de Santiago de Compostela,
nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo. A festa ten por obxectivo
recadar fondos para o novo proxecto do Portal de Comunicación Arredemo, portal de
información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país, e contará coa
presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro, Os da Ría, e Carlos
Santiago.
Durante a festa darase a coñecer a Asociación que dá base ao Portal, e que ofrece distintos
servizos a persoas e colectivos do eido socio-cultural, como o aloxamento de webs, a libre
distribución de creacións artísticas e o desenvolvemento de proxectos sociais e culturais.
A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta así públicamente o seu terceiro proxecto,
despois de case catro anos de actividade, nos que se constituiu como unha referencia dentro
dos movementos sociais e culturais galegos. A festa é o primeiro acto dunha campaña
destinada a impulsar a creación do novo Portal de Comunicación, xa en fase de deseño e
construción, e conta coa participación desinteresada dos artistas convidados. No Teatro
Principal a partir das 21 h.
Entrada 5 Euros
Venres 8, 21:00h no Teatro Principal
Difunde por favor esta mensaxe, para que o venres 8 esteamos todos e todas no Teatro.
¡Adiante Arredemo!


, agora, no mes de maio, os mares de milho de Vimianço, ondeando no vento que vem de além os penedos de Pasarela…O milho cencenado, coas espigas barbadas, movendo-se em ondas…Quantas veces eu sonhei navegar na minha barca, remando polos mares de milho, ti e mais eu, co nordés de popa…!As marés de milho e de erva para cortar…E o mar salgado , o sonho do além, que pode arrecender-se de tão perto…E