Que viva o Rexoubeo-poético- da Costa da Morte.

Padrão

wg_fp15_gnomes.jpg

Enche-me de fachenda ler esta nova na Voz de Galicia, ediçao de “Carballo”

 



O segundo Rexoubeo poético reúne a un centenar de espectadores en Vimianzo




 

(Lugar: a voz | carballo)

O segundo recital poético, bautizado como Rexoubeo, organizado polas asociacións Axvalso e Cherinkas, reuniu a preto dun centenar de persoas no Salón Caribe de Vimianzo, onde o sábado tivo lugar a actividade.

Unha vintena de poetas de toda a comarca tomaron parte na iniciativa, que contou tamén con acompañamento musical a cargo de Madamme Cell e actuacións de teatro dirixidas por Toño Casais.

O recital durou ao redor de hora e media e, segundo os organizadores, o público reunido gozou co espectáculo.

Os versos dos participantes tamén se recollen nun libro colectivo, o segundo que se edita.

Nel están representados Modesto Fraga -que non recitou o sábado-, Alexandre Nerium, Marilar Aleixandre, Cándido Domínguez, Daniel Salgado, Antía Otero , Serxio Iglesias , Paco Souto, Xabier Fidalgo, Alberto Lema, Rafa e Miro Villar, María Lado, Suso Bahamonde, Abel Méndez, Vicente e Paula de Souza e Janet Barcia.

As asociacións editaron un total de 200 exemplares, que se venderán a un prezo de catro euros. Avisan, ademais, de que quen queira fotocopiarlo poderá facelo libremente.

O Rexoubeo naceu para tratar de recuperar o espírito do desaparecido Batallón Literario e para impulsar a cultura propia da zona. Moitos dos poetas que participaron nesta edición fixérono tamén na organizada o ano pasado.

Dous días de actividades

O Rexoubeo poético foi o punto e final a dous días de actividades en Vimianzo. Anteriormente as dúas asociacións celebraron un concerto de música alternativas que, baixo o nome Wateke Pop, reuniu a un bo número de amigos e curiosos na discoteca vella de Vimianzo. Ese día actuou Madamme Cell, o mesmo intérprete que acompañou ao piano, ao día seguinte a algún dos poetas.

Ademais, tamén actuaron na localidade Son do Galpón, Neo e DJ Charramangueiro.

«Nesta edición as asociacións culturais de Vimianzo pretenden ir máis alá dá poesía e organizan dúas xornadas con distintas actividades», explican desde a organización.

No recital poético destacou a aparición do teatro e dos acompañamentos musicais. As dúas asociacións intentaron involucrar ao maior número posible de mozos da comarca, logrando que os institutos de secundaria da zona colaborasen dalgún modo. De feito, algún dos poetas que aparecen este ano no libro colectivo non chega aos 14 anos de idade. Os organizadores pretenden que o Rexoubeo poético sígase celebrando ano tras ano na localidade.

Sei que por alí esiverom os meus moços, Suso Lista, percebeiro do Roncudo, ao que só conheço da aranheira, e outros amigos e amigas aos que quero por vizinhos -vale mais vizinho da porta que irmão detrás da costa-, por amigos e por boa gente.

Parabéns e umha aperta muito forte.

Mágoa não poder estar.

Para o ano que vem, inchallah.

P.S. Também me enche de fachenda que os de Axvalso e os Cherinkas se puxerão de acordo para fazer algo bom.

Seica quando eu volva para Vimianço, esso vai ser um vinde-o ver.

E com a mega-super-faraónica Casa da Cultura que andão a construir, jà poderemos programar rexoubeos, concertos, ópera, teatro, conferéncias,e até fazer-lhe a competéncia ao tanatório de Costa, que fica enfrente.

PICT0078_1

Anúncios

One response »

  1. a verdade é que o único que nos queda aos auto-exiliados é contentarnos con ler estas coisas e sonhar con escuitar em breve a tan reunidos rexoubadores, bom que fose em vimianço, na costa da morte sempre tivemos cultura para dar e tomar!…que tomen nota…

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s